Cansado xa de mercar decenas de pens que tardan entre un nanosegundo e un día en perderse? Cansado xa de que nunca estea entre os 10 millóns de fotos e documentos que levas sempre no pendrive… xusto o que hoxe precisabas?. Bota contas: 1 pen de 32GB anda polos 15€ de media, así que perdendo só un par deles no ano, xa tes para unhas cañas alomenos :D

Non hai escusa, de veras. Hoxe en día, con wifis en calqueira lugar (ben, no PicoSacro ou Punta Candieira ou 3Bispos ainda non, pero tes 3G) o máis seguro e sinxelo é ter a maioría dos teus datos na nube (e os imprescindibles, no móbil). Para tí que xa o sabes, non, pero para o resto, comentar que “a nube” é simplemente un conceto (Manquiña dixit), unha forma de chamarlle a ter un ordenador ou un disco duro metido nunha granxa de ordenadores ou discos duros, nun lugar que pode ser a otra punta do mundo, e traballando en conxunto en troques de estar separados e un na túa casa e os outros noutras. Que estean nun só sitio (nun Centro de Control de Datos ou CPD en shakespeariano) quere dicir que comparten moitas instalacións comúns (conectividade, electricidade, seguridade, mantemento…) e por eso que poden darche precios escandalosamente baixos por cada mega ofertado.Mesmo gratis!

Pero o importante de veras é que, gracias a internet, a tí daráche igual que os datos estean en NovaZelanda que en Connecticuto ou en Murcia. Na rede, todo está a un click de distancia.

E o que nos interesa hoxe é, precisamente, os que dan servizo gratis, ainda que casi todos ofrecen tamén moito máis almacenamento por pequenas cuotas mensuais. Eiquí van uns cantos deles:

Almacenamento sorprendentemente bó:

Shared: 100MB, o campión do todo gratis.

Mega: O novo proxecto de KimDotCom, dache 50 megas gratis só por entrar. Seguro e xigantesco.

ADrive: 50 MB de almacenamento gratuito, orientado a copias de seguridade (backups) con poucas posibilidades de configuración.

BitCasa: 20GB gratis dende España. O seu lema? Toto o teu fogar dixital, na nube. Dispon de bós plans de almacenamento de pago para particulares e empresas.

Glide: (30GB) un boísimo servizo de sincornización tipo DropBox, con app de escritorio para Win e Mac

Google Drive: 15MB gratis e compatibles con tódolos servizos da nube Google.

4Shared: 15 MG sen límite de transferencia

Almacenamento bó:

Box (10GB), uso compartido securizado. En castelán.

MediaFire (10GB), o filesharing feito cloud. Un dos clásicos no negocio.

SkyDrive (7GB) é a aposta de Microsoft pola nube. Integra aplicacións Office na nube e comparte con tódolos servicios Windows Live. En castelán.

MiMedia: (7GB) unha boa capacidade de entrada, pero con ata 200GB máis só por recomendar.

Amazon Cloud Drive (5MB),

HiDrive (5GB), sincronización sinxela con Paco Malapata :D En castelán.

IDrive (5GB), pero fácilmente podes chegar ata 50GB có seu programa de referidos.

OpenDrive (5MB), moito almacenamento, pero con certos límites na transferencia e o tamaño dos arquivos. Sincronización e compartición.

Popoplug (5GB) ainda que din que terás espazo ilimitado para o teu fono e tablet.

UbuntuOne (5GB) de sincronización, pero ofrecen 20GB só con facerlles publicidade entre os teus contactos. En inglés.

Wuala (5GB), soportado polo fabricante de discos duros LaCie, ten moitas opcións de encriptación e securización. Pouco espazo, pero de calidade. En castelán.

iCloud: (5GB) a nube para os fans da mazá, compatible e configurable con tódolos trebellos Apple.

Cubby: (5GB) o máis preto competidor de Dropbox, que lle gaña por goleada no almacenamento. Funciona

SugarSync: (5GB) Coidado e limpo, ofrece sincro entre dispositivos.

Almacenamento (e punto)

DropBox (2GB), Elephant Drive (2GB), Fiabee (1GB), FilesAnyWhere (1GB), FreeDrive (1GB), MemoPal (3GB)


Evento Re-Cuerda #byASCEGA

Evento Re-Conoce #byASCEGA

Evento Re-Emprende #byASCEGA

Biopsia Liquida ONCOMET

Suscríbete al Newsletter!

Términos y Condiciones
(por supuesto, podrás darte de baja cuando quieras, sin preguntas, sin molestias!)