A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha EMOTRAXE, un espazo de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), cun orzamento de 1.428.692,94 euros e unha duración de catro anos. Ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Este encontro forma parte da actividade "Emprende" dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten con un grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha. Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozas, tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federação Nacional de Associações Juvenis Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Emotraxe pretende ser un espazo a disposición da xuventude no que mozos e mozas e axentes públicos e privados trasladen os seus proxectos en distintos ámbitos, co fin de xerar ilusión e contaxiar do seu espírito emprendedor e comprometido.

O encontro estará aberto a mozas e mozos emprendedores, membros de asociacións xuvenís  e  entidades prestadoras de servizos á xuventude, persoas participantes en actividades de voluntariado, mozas e mozos membros de grupos informais, técnicos/as de xuventude, informadores/as xuvenís, educadores/as, mediadores/as xuvenís e todas as mozas e mozos con espírito de iniciativa e persoas interesadas na materia.

Emotraxe facilitará a cada entidade xuvenil que o desexe un espazo para a exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands dos diferentes colectivos participantes.

Así mesmo, a organización farase cargo dos traslados necesarios das persoas que se inscriban, poñendo á súa disposición distintas liñas de transporte, sempre que haxa unha cota mínima de participantes para cada liña.

As inscricións poderán realizarse en liña a  través deste formulario ata o día 10 de decembro.

PROGRAMA

9:30 h Acollida e entrega da documentación.

10:00 h Inauguración e apertura.

11:00 h Relatorio.

11:45 h Pausa – Café.

12:15 h Mesa redonda: Mocidade en movemento, o valor de tomar a iniciativa.

13:15 h Mesa redonda: Competencias clave para superar o reto da inserción laboral e emprendemento.

14:15 h Pausa-Xantar.

16:00 h Relatorio.

17:00 h Mesa redonda: Implicados ao 100%: iniciativas xuvenís con impacto social.

18:00 h Peche

 

Toda la info: http://xuventude.xunta.es/index.php?option=com_content&view=article&id=8788


ASCEGA participa en el programa "Catalizador de Oportunidades de emprendemento xove transfronterizo" (acrónimo LIDERA)

Biopsia Liquida ONCOMET

Evento Re-Cuerda #byASCEGA

Evento Re-Conoce #byASCEGA

Evento Re-Emprende #byASCEGA

Suscríbete al Newsletter!

Términos y Condiciones
(por supuesto, podrás darte de baja cuando quieras, sin preguntas, sin molestias!)