A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca a actividade LIDÉRAte, unha iniciativa formativa que se centrará no desenvolvemento persoal dos mozos e mozas como ferramenta de apoio á mellora das oportunidades de emprego e empredemento da xuventude.

Obxectivos:

  • Traballar no  “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
  • Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
  • Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das  propias cualidades.
  • Mellora das habilidades de comunicación.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Destinatarios/as:  Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

Datas e lugar de realización:  Esta actividade desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

Prazas por Espazo Xove:  Un mínimo de 5 persoas

Prazo de inscrición:  Do 13 de abril do 2018 ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada en cada Espazo Xove

Inscrición:  Mediante o envío de formulario electrónico.

Admisión:  Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN


ASCEGA participa en el programa "Catalizador de Oportunidades de emprendemento xove transfronterizo" (acrónimo LIDERA)

Dejate asesorar por el Grupo de Hostelería ASCEGA

Biopsia Liquida ONCOMET

Evento Re-Cuerda #byASCEGA

Evento Re-Conoce #byASCEGA

Evento Re-Emprende #byASCEGA

Suscríbete al Newsletter!

Términos y Condiciones
(por supuesto, podrás darte de baja cuando quieras, sin preguntas, sin molestias!)